No día de onte, o noso presidente e director Ricardo Pérez e Verdes, da Fundación e o MELGA, na súa procura por atopar obxectos de museo para engrandecer as nosas institucións, localizou, casualmente, unha peza orixinal nun anticuario da capital de España.
Nesta ocasión, a magnífica peza exposta no escaparate da tenda antiga madrileña, tratábase dunha “Dobre randeeira de bonecas trenzado de madeira”. Fabricado en Scarbrücken en Alemaña, polos anos 1920-30 do século pasado. A peza atópase en moi bo estado, con mínimos danos, aínda que se necesitou pola nosa banda, un lavado de fronte xa que se atopaba con moito po acumulado durante anos. O seu tamaño é de 55x52x31 cms.
Hai que comentar que o xoguete adquirido, é unha peza bastante orixinal e singular, xa que polo xeral os fabricantes desa época, sempre realizaban estas randeeiras artesanais de forma individual e non como o conseguido (dúas randeeiras nunha mesma peza), por iso é unha peza “rara” no mercado. Sen dúbida, é unha “alfaia” localizada e que non desexabamos que se nos escapase das mans. Como podemos supoñer, o xoguete estaba destinado a meniñas dun extracto social elevado, posiblemente da nobleza europea.
Dentro duns días, seguramente a principios do próximo mes de maio, no momento que Ricardo Pérez e Verdes, incorpórese de novo aos labores museísticos do museo, se a recuperación vai en ben camiño, a peza será exposta nas vitrinas expositivas do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado en Ponteceso, para que todo o público que o desexe poida observala “in situ”.
Sinceramente foi unha gran adquisición e por iso estamos moi satisfeitos, pois seguramente existen moi poucas pezas no mundo polo carácter específico do xoguete, é dicir, estas pezas son escasas, porque en cambio as individuais, foron lanzadas ao mercado de forma industrializas e en cadea.
Leave A Comment