Onte luns día 24 demos a saída á ampla e variada semana de actividades que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), coa inestimable colaboración do concello de Ponteceso, planificaron para a celebración desde quinto ano do nacemento das entidades anteriormente citadas.
Esta primeira xornada, inaugurada polo alcalde de Ponteceso Lois G. Carballido e o presidente-director do museo e a fundación, iniciouse ás 10,00 h. da mañá na sala de conferencias do Centro Cultural do municipio, dando a benvida a todos os cursillistas por parte do rexedor e do presidente, ao mesmo tempo entregouse a documentación do curso e debullouse a xornada do día coas actividades previstas no programa.
Realizado o acto, o director do MELGA fixo a presentación da relatora a doutora Maví Lezcano, profesora da escola Universitaria de Turismo da Universidade da Coruña e a continuación presentouse en primicia para toda Galicia do vídeo-cómic sobre o MELGA de Ponteceso, dando así por inaugurado o magno acontecimento do aniversario.
Maví Lezcano introduciu a presentación do curso aos 20 alumnas y alumnos que foron seleccionados para o mesmo, que procedían de Carballo, Cabana de Bergantiños, A Coruña, Ponteceso e eran técnicos de turismo, empresarios de hostelería, profesores de educación física, ocio e tempo libre, axencias de viaxes, etc., disertando sobre aspectos como: os principais recursos patrimoniais dos 17 concellos que conforman o xeodestino da Costa da Morte e os bens e riquezas da zona.
Rematada a sesión teórico e supostos prácticos da mañá, levou a cabo, na mesma sala de conferencias, a inauguración dunha exposición titulada “Un lustro das actividades no cartografía do MELGA (2013-2018”, que estará presente en dita sala durante toda semana de conmemoración.
Pola tarde incorporouse aos relatorios a relatora Cristina Collazo experta en márketing comunicación en espazos naturais e culturais e para finiquitar a xornada de novo Mavi Lezcano regalounos unha conferencia sobre a interpretación do patrimonio como ferramenta fundamental para comunicarse con público visitante en lugares de interese patrimonial.
Tamén en sesión vespertina de 17,30 h. ás 20,30 h. o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), desprazouse á vila mariñeira de Corme, a escasos quilómetros do concello de Ponteceso, presentando por primeira vez un festival de xogos e deportes tradicionais galegos, na praza da Ribeira.
Ampla xornada con moitas e variadas actividades propostas, para o primeiro díaaniversario. Éxito rotundo.
Leave A Comment