Onte venres en xornada vespertina, sobre as 15,30 h. achegáronse, medio centenar de alumnos/ as de 4º de primaria, de 9 e 10 anos de idade, do CEIP. Agro do Muiño de Ortoño-AMES, preto da capital de Galicia, Santiago de Compostela, acompañados das súas profesoras titoras Ana Pena, Isabel Bermúdez e Cristina Piñeiro que exercía a coordinación da actividade extraescolar e a do grupo, para efectuar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Aínda que dispoñían de pouco tempo para a visita, sobre unha hora e media como máximo, debido ao gran entusiasmo, interese e participación práctica (con autorización dos profesores e pais), tívose que prolongar case unha hora máis a visita, aínda así, a segunda sala tivo que ser como “unha carreira de velocidade” polo rápido que tiveron que realizala.
Hai que destacar que foi un grupo cunha capacidade excepcional de traballo, xa que non faltou ningún dos alumnos e alumnas alí presentes, que tomasen innumerables apuntamentos nos seus cadernos de “traballos de campo”, de todo o que se explicaba, interrompendo en moitas ocasións ao guía do museo, para preguntarlle máis referencias, nomes, anécdotas, etc… sobre algún tema en concreto de moitas das pezas expostas no museo. Aínda que a visita guiada non se realizou na súa totalidade, o único beneficioso é que nos comunicaron, sen dubidalo, teriamos un novo encontro proximamente, pero nesta ocasión, a xornada sería ao completo de mañá e tarde.
2 Comments
Moitas grazas Ricardo en nome do profesorado e do alumnado.
Foi unha visita do máis interesante porque resultou moi divertida e atractiva para todos os nosos alumnos/as.
CANTO SE APRENDE XOGANDO!!!!
O NOSO AGRADECEMENTO
4º ED. PRIMARIA
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Estimados/as amigas/os:
Primeramente nuestra máxima gratitud por la visita guiada realizada al MELGA en el día de hoy martes 05 de junio de 2018.
Esperamos, que la sesión lúdica realizada, hubiéramos estado a la altura que vosotros os merecéis. Sin duda, ha sido una jornada entrañable e importante para todos nosotros. Felicita de mi parte a todos vuestros alumnos/as. ¡Fantásticos! ¿y los profesores/as? ¡Extraordinarios! Unos visitantes sin lugar a dudas modélico.
Os envío las imágenes del grupo, en varios archivos, captadas por mi en la sesión matutina y por doña JULIA. Deseo sean de vuestro agrado. Ya sabéis, si vosotros tenéis alguna, creo que si, serán muy bien recibidas por nosotros, para el archivo museístico.
Esperamos que cuando lo estiméis oportuno, nos volváis a visitar de nuevo.
Estamos en contacto.
Un cordial abrazo y saludos para todos.