Por primeira vez visitanos un grupo escolar de Noia

O CEIP. Plurilingüe “Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia (A Coruña), visítannos, por primeira vez, pois este municipio endexamaís viñera ao MELGA de Ponteceso, despois de levar case cinco anos de inaugurado, con case sesenta alumnos e alumnas en idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos de idade e sempre acompañados das súas profesoras/titoras Carmen Romeu, Mónica Collazo (profesora de Educación física), María José que exercía de coordinadora do grupo e o profesor Roberto González.

A duración da sesión teórico-práctica estivo nas dúas horas escasas, aínda que a visita estaba programada para tres, pero unha mala xogada(avaría) do autobús, atrasou a mesma case unha hora e media. A visita guiada transcorreu en termos xerais moi aceptable, ainda un pouco depresa, tanto na súa participación e interese, pero sabendo que nestas idades a interacción motriz está cargada a lume de biqueira, o resultado final foi como se sabía de antemán, Excelente! A visita non levou ao completo coa tranquilidade establecida polas circunstancias anteriormente ditas. Temos que comentar que, nos preto de cinco anos de inauguración do museo, ningún veciño de Noia habíanos visitado ata o día de hoxe, pero neste caso un centro escolar.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.