Hoxe pola mañá sobre as 10,30 h. venres día 16 de xuño, visitáronnos por segunda vez neste curso (en marzo os nenos e nenas de segundo ciclo infantil de 3 a 5 anos) os alumnos/as do CEIP. Gándara-Sofán de Carballo (A Coruña) e nesta ocasión foron os discentes do ciclo 1º e 2º de infantil de 6 a 8 anos. Os case corenta visitantes que se achegaron á visita guiada ao MELGA estiveron acompañados polas súas titoras Paloma López, Cristina García e como responsable do grupo María José Gómez.
Con máis de tres horas de actividade lúdica práctica e algo teórica, cun breve receso dun cuarto de hora para o tentempie, todos os visitantes puideron gozar dunha mañá completa hasta as 13,30 h., de xogos, entretemento e diversión cun pouco de instrución e coñecementos.
Onte o grupo colexial do Xesús Luís Romeu de Carballo, batera o record de “castelos de pinzas para a roupa” con 20 plantas, pero pouco duroulle a dicha, xa que hoxe, un día despois, o neno de 7 anos Samuel González Rodríguez estableceu unha nova marca ao formar un edificio con 21 pisos, con base de catro pinzas. Felicidades Samuel, porque posiblemente podemos pensar que estamos ante un futurible arquitecto galego!
Leave A Comment