A vinte e catro horas do comezo do VI Roteiro de Bicicletas Clásicas de Ponteceso, das Festas da Barquiña, coméntannos os participantes rexistrados que están a poñer a “punto” as súas bici-transportes terrestres, así como realizando algún que outro percorrido para coller fondo e non sufrir coa subida ao Couto, traxecto de primeira categoría do roteiro, cun desnivel de 15%.
Como anos anteriores, a comitiva sairá aproximadamente sobre as 12,30 h. do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), situado no Centro Cultural da vila, percorrendo trábea, Tella, Ponteceso, o Malecón, A Barra, o Couto, o Agra e regresando á praza do Recheo, un total duns 15 quilómetros de paseo pola contorna pondaliano. Finalizado o percorrido todas as biciclásicas serán expostas no devandito lugar para que todos aqueles, afeccionados e non afeccionados, #gozar das “belezas” dunhas máquinas, que foron adquiridas entre os anos 30 e os anos 50, algunhas con case oitenta anos de antigüidade.
Esperamos que as inscricións vaian como a esta hora, aos poucos, pero constante, aínda que sabemos que ata última hora moitos participantes non dan a asistencia definitiva. Nestes momentos se han inscritos ciclistas de Arteixo, Vimianzo, Malpica, Pondeume, Ferrol, A Coruña, Ponteceso e neste momento acompañarannos dous participantes da cidade de Vigo, que será a súa primeira participación. Esperamos que a participación sexa numerosa, aínda que sabemos xa que nolo comunicaron con gran pesar, algúns non poderán estar entre nós por problemas persoais e profesionais.
Este ano a novidade do Roteiro será que, estaremos acompañados e agrupados tamén cos coches de época e as motos antigas, pois todos estamos unidos a través do programa PONTECLASICO na súa novena edición.
Aínda estades a tempo de acompañarnos, solo necesitamos unha bicicleta, un disfraz de época y moitas gañas de recrearse. Será unha xornada, seguro, excepcional e divertida.
Leave A Comment