Aínda que tiveramos a sorte de recibir en varios ocasións a grupos da provincia de Lugo, o centro docente CEIP. Albeiros da cidade de Lugo, teñen a honra de ser o primeiro grupo escolar que nos visita nos tres anos da nosa saída á luz museística. Foron en total máis de medio centenar de alumnos/as de 4º, 5º e 6 de primaria, en idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos de idade, que asistiron á visita guiada ao MELGA. En todo momento, estiveron acompañados polos seus profesores Iago Alonso, Lucia Penalonga, Eliseo Moreda e Iván Freire que exercía de coordinador do grupo. Aínda que o tempo tivérono un pouco reducido, xa que só e exclusivamente desprazáronse para visitar o museo, as máis de dúas horas e media que durou a xornada lúdica, gozárona ao máximo. A impresión que levaron foi excelente e en próximas ocasións, segundo comentarios dos seus profesores/as, volverían prontamente a visitarnos, pero iso si, para coñecer tamén as excelencias do noso querido Ponteceso e os seus arredores.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment