Unha vez dada a benvida por parte do alcalde de Ponteceso Lois Carballido e do presidente-director da Fundación e o MELGA e feitas as debidas presentacións da primeira relatora do curso Maví Lezcano do curso Interpretación, márketing e novas tecnoloxías aplicadas ao turismo natural e cultural da Costa da Morte, a continuación Ricardo Pérez e Verdes, o anfitrión, fixo unha pequena introdución ao vídeo-cómic, primicia en Galicia, realizado para dar ao mesmo, unha gran difusión e publicidade do noso centro a toda a poboación galega.
A gravación ten unha duración aproximada de 5 minutos, onde a través das imaxes animadas, preséntase o MELGA como un gran dinamizador, nos aspectos didáctico, lúdico, pedagóxico e cultural que representa. O magnífico traballo foi realizado pola empresa pontecesana Asubío Media e está dispoñible para a súa visionado no web do museo, para goce de todos
Leave A Comment