Hoxe ás 11,00 h,. da mañá, nunha das salas do Concello de Ponteceso, presentouse aos medios de comunicación, o cartel anunciador das actividades que conxuntamente, o Concello de Ponteceso, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e a Fundación de Ricardo Pérez e Verdes, pretenden realizar con motivo do V Aniversario do Museo e da Fundación. O programa foi exposto polos interveniente no acto, que por parte do municipio foron o alcalde Lois García Carballido e a edila de Servizos Sociais Isabel Volta González e por parte da Fundación e o MELGA o seu presidente/director respectivamente.
A semana planificada do V Aniversario enmárcase entre o vindeiro luns 24 ao domingo 30 do presente mes de setiembre, en xornada completa de mañá e tarde. Ditas actividades serán desenvolvidas no Centro Cultural ( MELGA) de Ponteceso na súa sala de conferencias, biblioteca, campo de xogos exterior e nas propias salas expositivas do museo.
Os intervenientes no acto debullaron día a día todas as actividades propostas cunha extraordinaria variedade remarcable. Así, expón o programa un curso de interpretación, márketing e novas tecnoloxías aplicadas ao turismo natural e cultural, talleres de xogos da Idade Media, de xadrez e xogos de taboleiro antigos, de confección de xoguetes da natureza e de reciclaxe, presentacións en primicia do videocomic do MELGA e do libro vídeo- clip do cantautor Luís Vallecillo, contacontos con Trinquetrinque, recordos lúdicos de outrora, Aberto de billa, exposición sobre a cartografía do lustro finiquitado, inauguración da colección de xogos de enxeño de Juan Antonio Rodríguez Díaz (1861-2014), así como entrega de premios e nomeamento dos premios Rodela.
Ademais do CEIP.Eduardo Pondal de Ponteceso, que é o invitado especial, así como as Asociacións e Agrupacións de Ponteceso, poderán asistir todas aquelas persoas que o desexen e queiran acompañarnos nese gran día, tan especial para nós como é o xoves 27 día do aniversario. Non fai falta inscribirse, se non ter ganas de asisitir a unhas xornadas lúdicas e culturais, adicadas a todos os veciños pontecesanos e porque non, a outros municipios da zona de influencia.
Finalmente agradeceuse a todas as persoas que asistiron ao acto e ao mesmo tempo, e por descontado, aos numerosos visitantes, máis de 30.000 personas, que pasaron polo noso recinto museístico durante este lustro, e desando que non deixen de facelo, pois confirmamos e creamos que vale a pena. Grazas e vémonos se así é o voso desexo.
Leave A Comment