Onte luns, aínda atopándose o museo pechado por descanso do persoal, e facendo unha excepcionalidade, recibimos (por primeira vez unha representación do veciño municipio de Corcubión), a medio centenar de nenos e nenas do CEIP. Praia de Quenxe, despois de visitar pola mañá a Granxa Escola “A Devesa” de Langueirón e pola tarde, sobre as 15,00 h. fixeron a súa presenza no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Os nenos/as do centro escolar tiñan unha pinza entre 3 e 6 anos e en todo momento foron acompañados polas profesoras de infantil Mª Carmen Branco, Paula Pereira, Deborah Sande, Raquél Carreira, Ely Romeu, Doura Vázquez, Carmen Amado e Belén Branco que realizaba a función de coordinadora do grupo. Foron dúas horas de visita, en que os nenos/as e profesoras gozaron dunha xornada lúdica extraordinaria, tanto a nivel participativo e práctico, así como a nivel cultural e intelectual. Hai que destacar que o grupo, aínda sendo tan pequenos, e encontrándose seguramente moi cansados de toda a xornada, o seu comportamento e atención, non sempre como é lóxico, pero sinceramente foi remarcable, o mesmo que as súas titoras participando e colaborando co guía na súa planificación e atención.
As alumnas Lucia Rama, Aroa Miranda e GGobanna Calvo foi a tripleta gañadora de “Castelos de pinzas de Lavandeira”, conseguindo un novo record, con 18 pisos construídos. O anterior estaba en 17 pisos e posuíao o grupo de Sofán de Carballo. Unha xornada moi especial que todos, tanto profesoras como nenos/as quedaron moi contentos de visitarnos por “xogar tanto nun museo e coñecer moitos xogos de Galicia e do mundo”.
Leave A Comment