No día de onte iniciouse no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso, unha nova tempada despois do longo período de confinamento, que todos sufrimos. O grupo que nos visitou correspondían aos alumnos e alumnas do Curso de Monitores de Tempo Libre do concello de Cabana (A Coruña) que durante estes últimos anos acompañáronnos. Todos eles viñan acompañados da súa profesora e directora do curso María Martín.
Tras tres horas de visita guiada polas salas do museo, pois aínda así lles pareceu corta a mesma, non deixaron de tomar apuntamentos, imaxes, realizar insistentemente en preguntas e cuestións sobre o mundo lúdico galego e do mundo. A maioría dos visitantes eran mestres, profesores, alumnos universitarios e por descontado novos interesados na temática. Como era preceptivo todos os compoñentes (guía, profesora e alumnos) da visita, dispuxeron da máscara, gardando a distancia física e a cota máxima de vinte visitantes.
Como dato anecdótico, o grupo conformárono dezanove mulleres e un só home. Unha mañá moi gratificante, interesante, entretida e de gran interese para a súa posible introdución dos xogos e deportes tradicionais nos campus de tempo libre e lecer, onde posiblemente neste verán poñerán en práctico devanditos coñecementos adquiridos.
Leave A Comment