Hoxe recibimos nas nosas instalacións museísticas do MELGA por primeira vez un grupo de párvulos de Torre Xallóns do concello de Laxe (A Coruña).
En total foron 10 nenos/as comprendidos entre os 3 e 4 anos, acompañados en todo momento pola súa profesora/titora dona Mercedes. A visita guiada consistiu en moitos xogos de manualidades, xogos musicais, castelos con mazorcas e pinzas de lavandeira, tirafungueiro, varapau, carreiras de tartarugas, perinolas, perindolas, boliches, busca do xogo escondido, contacontos, recortables, etc. Foron dúas horas (9,30 a 11,30 h.) de intenso traballo coordinativo e de habilidades manuais, quedando os futuros “museólogos” perplexos co contado e visto e obtendo moitos deles, polo seu interese e coñecemento, (se acertaban o que se lles preguntaba) unha chea de medallas (adhesivos), obtendo así un agasallo final.
Quedaron en regresar para xogar e coñecer a segunda sala do MELGA, é dicir, a da evolución histórica dos xogos e deportes a través a través dos tempos.
Leave A Comment