Este venres 23 de marzo, visitaron el MELGA de Ponteceso, 150 alumnos e alumnas del Colexio Fillas de Cristo Rey da Coruña, de 9 e 10 anos de idade, e que correspondían a 4º e 5º de educación infantil, cos seus profesores titores Miguel Leitao, Carolina Martínez, Eugenio Dourado, Begoña Manteiga (coordinadora de la actividade) e Vitoria Rodríguez, xefa de Estudos del centro docente. A sorpresa agradable foi que os profesores Carolina e Eugenio (licenciados en Educación Física) foran alumnos del director do MELGA, facía xa uns cuantos anos e este centro era la primeira vez que nos visitaban.
Ao ser un grupo tan amplo o grupo dividiuse en tres subgrupos, que foron distribuídos para a visita, uns a las sáas do museo, outro a biblioteca e outros a la sáa de conferencias. Estaba programado que o terceiro grupo estivese no campo exterior de xogos pero ao contar cun tempo “infernal” tívose que habilitar o terceiro lugar de emerxencia. Coa axuda do profesorado, os monitores Priscila Suárez e Miguel Márquez e a excelente boa vontade dos alumnos/as, foi unha xornada excepcional matinal de xogos e deportes, cun ensino teórico-práctico que satisfixo a todo o grupo, aínda que soubésemos que as dificultades eran posible.
Pero todo marchou a perfección. Debido as inclemencias do tempo, o centro escolar solicitounos si habería un lugar onde poder almorzar o “picnic” que trouxeran, o director do museo solicitou ao departamento de Educación, Bibliotecas e Patrimonio, a través do seu concelleiro Carlos Penedo, autorización para situar nun espazo da biblioteca para efectuar dito ágape. Cuestión que agradecemos persoalmente pola inmediata concesión.
Todos quedaron moi satisfeitos da visita guiada, aínda que nos sabíamos dos posibles inconvenientes que nos podían carrexar dito número de participantes, pero comentáronnos, que aquilo que non se poido realizar en profundidade, prometeron que volverían de inmediato, aínda que, iso si, cun grupo máis reducido.
Leave A Comment