Por terceiro ano consecutivo, el Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) inicia a súas actividades veraniegas, con mais de 300 nenos e nenas en idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos gozaron toda esta última semana, do 25 ao 29 do presente mes de xuño, do Campus Millenium. Club Basquet Coruña, primeiro campamento urbano desta época estival de 2019.
Como vén sendo habitual, os xogos e deportes tradicionais están incluídos dentro da programación diaria deportiva de #o devandito Campus, cunha franxa de case dúas horas de dedicación, ao noso patrimonio lúdico de Galicia. En horario do “ stage”, iniciábase todos os días ás 9,30 h. finalizando as mesmas sobre as 13 h. aproximadamente. Cada día pasaban 1 ou 2 grupos de 50 campistas, que desenvolvían 8 xogos individuais e un xogo global para finalizar a sesión.
Este ano como os anteriores, xa que moitos dos futuros “baloncestistas” repetían outro ano máis o Campus, os xogos eran novos, a excepción do xogo das carretas, carros e carrilanas que se repetiu polo que agrada a todos os participantes. Os xogos deste ano foron: tiro de taboleiros, forza individual con soga, os birlos en liña, a volta con chapas, o tirabalas, o corno, tiro de bóla, os zancos, carreira de sacos e a ferradura e como xogo global o tiro da corda. Os xogos diferenciados, dividíronse en dous subgrupos: un de 5-6 e 7 anos e outro de 8 a 13 anos, cada un deles adaptados ao grupo correspondente.
Con este Campus Millenium, o MELGA inicia todos os anos, os campamentos urbanos de Verán, onde os participantes, ademais doutras actividades alternativas, gozan dos xogos e deportes tradicionais galegos. Unha gran idea que o Club Basquet Coruña, desde fai tres anos vén desenvolvendo para o coñecemento e mantemento da nosa cultura inmaterial a través destes xogos moitas veces esquecidos e descoñecidos. Desde hoxe, xa estamos a pensar nos novos xogos e deportes populares/tradicionais que imos planificar para o ano entrante de 2020.
Leave A Comment