Onte venres tivemos o pracer en recibir no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, a un grupo de amigos da comunidade autónoma de Cantabria, que tras realizar un percorrido pola Costa da Morte, fixeron unha parada “obrigada” no noso museo, despois de varios aprazamentos, durante os algúns anos, por diferentes causas.
O grupo estaba composto por Fernando Destro e a súa esposa Rosa Cobo, ambos os amigos entrañables, desde fai máis de corenta anos, tanto a nivel profesional, como de amizade persoal, co noso director Ricardo Pérez e Verdes.
Fernando Destro, hoxe en día xa “ jubiloso”, segue vinculado en todo o referente ao xogo e deporte tradicional, así como á xestión e asesoría deportiva. Foi profesor de Educación Física en diferentes niveis escolares, ex-presidente da Federación Cántabra de Birlos Palma, ex-director de instalacións Deportivas do concello de Santander, ex-seleccionador Nacional de Voleibol, creador do proxecto Educativo “Madeira de Ser” para a difusión dos birlos cántabros e na actualidade é colaborador da Asociación Cántabra do deportes Especial a nivel autonómico e internacional e Vicepresidente Económico da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais ( AEJeST). Todos estes cargos profesionais, foron levadas a cabo, durante máis de medio século de actividades na súa terra natal. A súa esposa Rosa Cobo, “ jubilosa” e tamén profesora de educación física, foi unha gran deportista e como non podía ser doutra maneira, tamén involucrada coa teoría e práctica dos birlos palma.
Acompañaban a Fernando e Rosa na visita, os seus amigos Rafael Rovira e José Luís Salgas e as súas respectivas esposas. Rafael e José Luís foron, primeiramente grandes tiradores de birlos, e durante máis de 30 anos, membros da Xunta directiva da Federación Cántabra de Birlos que presidía Fernando Destro.
Despois dunha mañá moi entrañable no MELGA, os ilustres “boleros” asinaron no Libro de Ouro do MELGA, expresando o seu verdadeiro e sincera honra o poder visitar as instalacións museísticas pontecesás. Prometeron, que proximamente, obsequiarían un xogo de birlos palma, para expoñer nas vitrinas do museo. Por suposto, encantados aceptamos a achega.
Finalizada a sesión lúdico-cultural, continuouse coa gastronómica en Ponteceso e as visitas turísticas do municipio (Monte Blanco, Balarés, Corme, Casa Eduardo Pondal,…). En días pasados visitaron tamén os concello de Cabana ( Borneiro, Dolmen,…), Finisterre (Faro), Laxe (museo) e Malpica de Bergantiños ( Forno do Forte-Buño),… para logo desprazarse á cidade da Coruña e a provincia de Pontevedra.
Leave A Comment