Reunión do Presidente da Fundación/Melga e o Secretario Xeral para o Deporte

No día de hoxe mércores 22 do presente mes de xaneiro-20, o noso presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes estaba convocado para unha reunión ás 11,00 h. da mañá, na sala de xuntas do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, co Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa.

O motivo non era outro que habendo cumprido seis anos da nosa andaina museística, desexaba felicitarnos persoalmente polo bo traballo realizado, pero tamén para interesarse de primeira man, de todo o acontecido durante este tempo no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, así como do noso presente, futuro e sustentabilidade do mesmo.

A reunión que durou aproximadamente unha hora e media, sempre estivemos acompañados polo xefe do Servizo Roberto García Fernández. Na mesma tamén se había citado ao Asesor do Gabinete da Secretaría Xeral Javier Rico Díaz, pero por motivo profesional non puido acompañarnos.

Finalizada a reunión, Ricardo Pérez e Verdes director do MELGA, fixo entrega ao Secretario Xeral dun amplo dossier de todas as actividades realizadas nestes últimos seis anos de labor, desde a inauguración en 2013 ata o recentemente finalizado 2019. Así mesmo, en nome do  alcalde Ponteceso Lois García Carballido e das nosas entidades a Fundación e o MELGA, cursóuselle unha invitación persoal para que visitase Ponteceso e o museo de novo, cando a súa axenda así o precisase, cuestión que de inmediato aceptou de bo grado.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.