Seguindo coa organización e planificación da Asemblea Europea, o Congreso Internacional e O Festival de Xogos e Deportes Tradicionais, Patrimonio da Humanidade, o venres día 22 do presente mes de xullo, o presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do MELGA, o director Técnico do Museo Xabier Pérez González, do Asesor Deportivo do Concello da Coruña Xulio Vázquez e polo director de Instalacións Deportivas do Concello David Mateo, sobre as 10,00 h. no despacho do asesor deportivo, levou a cabo a segunda reunión, establecida facía algunhas semanas. O concelleiro de Culturas,Deporte e Coñecementos José Manuel Sande, aínda que estaba convidado á devandita reunión, desculpou a súa asistencia por motivos de axenda.
A reunión que durou aproximadamente unha hora e media, foi moi frutífera e cordial; avanzouse en moitos aspectos organizativos da Xornada Europea, económicos, empresariais e estruturais sobre os acontecementos para realizar durante o ano 2017 na cidade da Coruña e no municipio de Ponteceso.
Como punto importante da reunión foi o considerar á consellería de Turismo da cidade coruñesa, como alicerce básico e fundamental para unir forzas na difusión e divulgación do gran acontecemento turístico, asumindo urxentemente unha reunión co concelleiro do ramo Xosé Regueira.
Outra destacable noticia foi que se fixou como o mes máis apropiado do magno evento, o mes de xullo de 2017, considerando por todas as parte, hai que dicilo, que soamente temos un ano escaso para acometer a cita europea.
Ufff , miúdo traballo intenso que nos espera
Leave A Comment