Na mañá do día 27 de setembro de 2013, ás 12 da mañá, cunha masiva participación das principais autoridades e persoas convidadas ao acto protocolario, inaugurábase o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) que se sería situado na planta baixa da Casa da Cultura do concello de Ponteceso.
Por tanto, mañá mesma data pero do 2019, cumprimos o IV ANIVERSARIO deste magno acontecemento do mundo lúdico-cultural para Galicia. Aquilo que parecía unha utopía e un reto inalcanzable para moitos, converteuse nunha realidade con seis anos de existencia e logrando éxitos día a día sen parangón, que nos pon como centro referente único en todo o mundo, sobre museos da historia dos xogos e deportes tradicionais e populares, aínda considerando como pequeno, modesto e orixinal recinto museístico.
Todo o éxito alcanzado foi grazas á colaboración imprescindible da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, ao Concello de Ponteceso, á prensa escrita, á radio,á televisión e sobre todo aos centros escolares galegos, asociacións, federacións, outros museos, etc… que non deixaron de visitarnos masivamente desde o primeiro día do noso nacemento.
O balance farémolo finalizado o 2019 e comprobaremos que este ano que está a piques de rematar, será seguramente, o teito do noso éxito, porque foi espléndidamente xeneroso connosco.
En canto á celebración dos nosos aniversarios, como levamos realizando nos aniversarios anteriores, faremos diversas actividades, aínda que nestes momentos debémolas aprazar primeiramente por motivos de saúde do noso director e algunhas cuestións pendentes de infraestruturas. Proximamente informaremos da posible programación especial que realizaremos.
FELIZ VI CUMPLEANOS MELGA!
Leave A Comment