Suma y segue do Concello de Oleiros nas súas visitas guiadas ao Melga

Preto de corenta participantes de 5 aos 12 anos de idade, do Campus da Sociedade Cooperativa Galega de Educación Ambiental ( CEM) de Oleiros (A Coruña), e os seus profesores Fran Brea, Charo González, Marta Sánchez e Natividade Vázquez que exercía de representante e coordinadora da actividade, desprazáronse por primeira vez ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) na mañá de onte, para realizar unha visita guiada ao museo do xogo e do deporte de Ponteceso.

O percorrido non pasou das dúas horas e media, xa que ese era o tempo dispoñible para a visita, pero en cambio todos os compoñentes do grupo, tanto os campistas como os monitores/profesores gozaron dunha sesión excepcional sobre o mundo lúdico de Galicia e o mundo. Experimentaron, aprenderon e abrigo concursaron e competeron entre eles ou contra algún dos profesores. Non deixaron de exercitarse nos 25 xogos programados para cada sesión práctica. A maioría dos xogos, alí presentados, eran descoñecidos para os presentes segundo comentáronnos. Un sesión extraordinaria.

 

Campus de la Sociedad Cooperativa Galega de Educación Medioambiental (CEM) de Oleiros

 

O gañador da colección de peonzas, despois de acertar as preguntas realizadas polo guía durante o itinerario, foi para o neno de 10 anos Héctor Alba. Despois da entrega de premios todos os excursionistas se desprazaron ao Piñeiral de Balarés para recuperar forzas despois de gran esforzo realizado.

O próximo mes de agosto, dita sociedade, xa reservaron outra sesión na seguinte quenda do campus urbano.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.