Suspendida e aprazada a xornada lúdica en O Esto Cabana de Bergantiños no Día de San Ramón

O sábado día 31 de agosto, pola noite, comunícasenos por parte da Comisión de Festas e polo Concello de Cabana de Bergantiños, que a xornada do domingo día 1 de setiembre, organizada polo Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes sobre o I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, queda suspendida e aprazada a actividade, polo falecemento de dona Clarisa González García, a avoa máis lonxeva do municipio cabanés, con 102 anos de idade, e que o seu enterro será no cemiterio de San Juan de Ou Esto do primeiro día de setiembre ás 18,00 h.

A través do propio concello infórmasenos que as festas patronais suspéndense por este ano 2019 e decrétanse dous días de duelo pola finada.

A sesión de xogos e deportes tradicionais galegos queda pendente para próximas datas, a convir entre as partes, a cal se comunicará a todos os medios de comunicación do devandito encontro lúdico popular/tradicional.

Trasladamos, por parte de todos os membros do Padroado da Fundación e da dirección do museo,  o noso mais fondo pesar a toda a súa familia. Descanse en paz dona Clarisa.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.