Outro venres máis, con gran afluencia de público ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, tanto de persoas particulares como de visita guiada. Despois dunha mañá intensa co grupo ceense da Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM) e visitantes de diversas comunidades autónomas españolas e da nosa comunidade galega, pola tarde tivemos a mesma situación que pola mañá ou quizais superior.
Sobre as 17,00 h. deu comezo a visita guiada de dez membros do campamento “Un país de pintores e poetas” da Fundación Eduardo Pondal do O Couto (Ponteceso). Todos os campistas, cuxas idades se atopaban entre os 16 e 25 anos de idade, procedían de diferentes provincias españolas como Valladolid, A Rioxa, Conca, Salamanca, Navarra, Madrid e León e estiveron acompañados polo director do campamento, como nas outras dúas ocasións, de Rafael Quintiá coordinador da actividade. A sesión tivo unha duración de tres horas aproximadamente. Ao ser un grupo reducido, todos os visitantes participaron e repetiron con moito interese dos xogos tradicionais que se lles propoñían, ademais de escoitar atentamente as explicacións do guía do museo.
Como eran de distintos lugares de España, tentouse facer unha análise comparativo dos xogos practicados, cos das súas rexións correspondentes. O resultado foi moi positivo. Os mozos visitantes finalmente exerceron a súa votación para seleccionar os tres mellores murais de azulexos sobre os Xogos e Deportes Tradicionais que temos expostos ao aire libre no campo de Xogos do Centro Cultural.
Como aspecto destacado da sesión vespertina foi, que durante a visita guiada, seguimos recibindo visitar particulares e ademais, estivemos acompañados de varias cámaras de televisión, para realizar unha reportaxe (imaxes e vídeo) sobre o MELGA. O encargo procedía do Asociación de Turismo da Costa da Morte ( CMAT). Aproveitando que nos atopabamos coa visita guiada, varios dos mozos alberguistas, foron os protagonistas dalgúns xogos aplicados na xornada. Seguramente a emisión será publicitada a partir do mes de outubro e aparecerá en todas as redes sociais.
Leave A Comment