Tal día como hoxe, un venres 27 do ano 2013 ás seis da tarde, inaugurábase no Centro Cultural do Concello de Ponteceso, un Museo Etnolúdico en Galicia, baixo o acrónimo de MELGA. Unha gran carpa, no exterior do recinto, serviu para oficializar a cerimonia de inauguración, presidida polo alcalde José Luis Fondo, o delegado provincial Manuel Varela, a deputada Zaira Rodríguez e o presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do museo. Asistiron ademais ao multitudinario acto inaugural, diversas autoridades da zona atopándose entre elas, os alcaldes de Laxe, Malpica, A Laracha e Coristanco e coa presenza de máis de 300 persoas convidadas, entre veciños e numerosos amigos dos presentes.
O que parecía un soño imposible de levar a cabo, despois de tantos anos de esforzo, traballo, dedicación e de moitos avatares e contratempos, hoxe aquilo fíxose realidade e xa estamos a celebrar tres anos do noso nacemento, (que se di moi pronto e que moitos daban por un reto errado desde o primeiro momento, xa que na zona así ocorrera con outras entidades semellantes), dun pequeno e humilde centro museístico lúdico-cultural, como referente no mundo (único no mundo), da historia dos xogos e os deportes tradicionais a través dos tempos.
Moitos logros realizáronse, pero outros aínda están en “standby”, aínda que estamos seguros e esperamos cumprir nos sucesivos anos da nosa existencia. Espéranos aínda o crear, a escola de monitores, un parque temático lúdico, centro de documentación, merchandissing, etc. pero en cambio se se conseguiron o contar cun amplo lugar de exposición, , dar a coñecer o centro, un parking, un campo de xogo exterior, materiais diversos para as prácticas docentes, biblioteca temática e audiovisual, unha web, etc. pero abrigo que nestes dous anos e medio (xa que ata abril non se abriron as portas definitivamente ao público en xeral) visitáronnos numerosísimas institucións públicas e privadas, alcanzando algúns milleiros de visitantes.
Felicidades ao MELGA e á súa Fundación Ricardo Pérez e Verdes e desexarlles “que cumpran moitos anos máis” en beneficio e posta en valor do noso legado patrimonial lúdico galego.
Leave A Comment