Onte pola tarde, desde as 15,30 h. ata as 17,45 h., unha trintena de alumnos e alumnas do CPI. Bembibre- Val do Dubra (A Coruña), viaxaron ata Ponteceso, para levar a cabo unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), coas súas dúas profesoras titoras, Ana Rey e Águeda Regos que exercía de xefa de expedición do grupo.
Despois de case dúas horas e media de percorrido polas salas do museo, tanto alumnos como profesoras, marcháronse moito máis contentos e felices que a anterior vez que habían vindo, hai escasa semanas. A anterior ocasión non puideran gozar da segunda sala e nesta vez a única ilusión, e por iso volveran, coñecer a sala sen descubrir e xogar máis de quince xogos diferentes de Galicia e do mundo. Nesta ocasión a satisfacción foi ao completo. As súas profesoras, que eran a primeira vez que nos visitaron non transmitiron a gran sorpresa que levaron do noso museo pontecesano. Non descartaron que o ano entrante, repetisen a experiencia deste ano, para que pasasen todo o centro escolar polo MELGA, está claro por ciclos e quendas correspondentes. Sen dúbida este e o número ideal (30) de visitantes nestas idades, xa que todos poden participar adecuadamente en todos os xogos plantexados.
Leave A Comment