UN CENTENAR DE “FUTUROS” XOGADORES DO BALONCESTO CORUÑÉS COÑECEN O MELGA POR PRIMEIRA VEZ

Esta mañá, xoves día 06 de xullo-23, tivemos a ocasión de recibir en sesión matinal, no noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, a case un centenar de nenos e nenas pertencentes ao Campus Millenium do Club Leyma Basquet Coruña SAD., equipo que na actualidade milita na liga LEB Oro, segunda división da liga Española. 

Aínda que a relación do noso museo e fundación vén de lonxe, pois realizamos durante moitos anos, antes da pandemia, sesións de xogos e deportes tradicionais en diferentes espazos onde se programaban as actividades do campus estival, co consecuente desprazamento fóra das nosas instalacións museísticas. Pero esta vez, non fomos nós os desprazados, senón que o grupo desprazouse directamente ao MELGA e por conseguinte, por primeira vez nos dez anos da nosa existencia. 

En dous autobuses a lume de biqueira, preto de centenar de nenos e nenas de “futuros” xogadores de baloncesto, en idades comprendidas entre os 6 e 14 anos de idade, pasaron polas instalacións do museo para realizar unha visita guiada e tamén ao mesmo tempo para romper un pouco a rutina diaria da súa actividade principal, como é o baloncesto. Todos estaban acompañados polos seus sete monitores Helena Carrolla, Tatiana Pardo, Pedro Muñoz, Senén Ferroiro, Andrea López, Daniel Torrosur e Gustavo Gago director do Campus, preparador físico do CLub Leyma e exalumno universitario do noso director-guía,  que foron unha axuda fundamental na sesión lúdica realizada.

 Aínda que viñan con escaso tempo dispoñible, o noso guía-director, tivo tempo en explicarlles moi brevemente os contidos do museo e aplicar as prácticas dos xogos deseñados para a xornada. Todos os campistas realizaron xogos de exterior no campo de xogos do Centro Cultural e no interior do museo. Tamén tiveron a ocasión de observar a gran exposición, grazas á Fundación LAR de Cée que nos cedeu os seus enormes e magníficos murais en azulexos sobre xogos tradicionais, realizados por diversos centros escolares da zona da Costa da Morte e que están expostos ao aire libre na entrada do museo.

 A participación foi intensa e displicinada, aínda que o grupo era moi heteroxéneo e o tempo limitado, por todos os medios tentaron bater algún record, pero… non o conseguiron. A que si conseguiu premio foi a nena de 9 anos Lucia Vázquez, que levou o premio da visita guiada, por responder positivamente o maior número de respostas acertadas e que como sempre se basea nunha pequena colección de diferentes xogos tradicionais galegos. Outra excelente xornada, sabendo que o grupo proceden de distintos e diferentes centros escolares. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.