O mesmo que se iniciou o ano 2022, cun colexio coruñés Andaina Sociedade Cooperativa Galega, hoxe luns día 20 de xuño-22, demos por finalizado a tempada escolar con outro colexio coruñés o CEIP. Manuel Murguía situado en Feáns/Elviña da Coruña. Neste caso os nenos, as nenas e as profesoras do CEIP. Manuel Murguía era a primeira vez que se desprazaban a Ponteceso para visitarnos. Conformaban o grupo unha trintena de nenos de 1º e 2º de Primaria do ensino infantil (6 e 7 anos) e acompañados das súas titoras/profesoras Carmen Ibañez e María Jesús (CHUS) Pazos, organizadora desta saída extraescolar. A profesora Chus era a súa segunda vez que visitaba o museo, pois a primeira vez viñera con outro centro escolar alá polo ano 2017 e apenas se acordaba do mesmo e comentaba que estaba completamente modificado e ampliado.
O grupo en si, foi moi observador e participativo. Aínda que o tentaron, foilles imposible bater algún record. Como o tempo que dispoñían era amplo, todos participaron mais de tres horas dean ambas as salas do museo. Preto de 20 xogos e deportes desenvolvéronse en ambas as salas. O premio da visita levoulla a título individual a nena de 7 anos (2º Primaria) Lucía Presedo. Debido ao gran comportamento e interese demostrado durante todo o percorrido da visita, o noso director, fixo entrega cada unha das súas profesoras un agasallo para cada clase, de varios xogos tradicionais, debido a que era o último día de clase lectiva, antes de comezar as súas merecidas vacacións de verán.
Como o tempo climatolóxico non lles acompañou (pola choiva) foron xantar ao CEIP. Eduardo Pondal, aínda que preferisen ir ao Piñeiral de Balarés, como tiñan pensado.
Leave A Comment