Un ciclo superior de formación profesional de Santiago de Compostela visita por primeira vez o Melga

Medio centenar de alumnas/os do Ciclo Superior de Educación Infantil Ordinario e Modular (CIFP) Compostela, coordinados polos seus profesores Pilar Ares e Eduardo Qimza, realizaron unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) no día de onte, luns 11 de maio, nunha sesión matinal de máis de tres horas de duración.

A visita do devanditos estudantes (so un mozo entre todas as discentes), foi moi enriquecedora debido a que moitas delas/es nun futuro, formarán parte das novas xeracións de profesionais do ensino na primeira infancia. O seu interese foi máximo por descubrir novos e antigos  xogos e deportes de Galicia e do mundo, achegando nalgúns momentos da visita guiada, nomes e variantes dos mesmos, dos seus lugares de procedencia. O único insatisfactorio foi o non poder realizar máis amplamente a praxe dos mesmos.

A súa visión da visita estaba encamiñada ao coñecemento dos nosos xogos e deportes tradicionais máis representativos e por descontado, a aplicación metodolóxica do ensino lúdico, en idades temperás, como lles tocará cando finalicen os seus estudos. Por parte dos profesores do centro compostelán, comunicáronnos que “ estaban dispostos a vir todos os ciclos do centro, a partir de agora despois de coñecer o MELGA, polo apaixonante que lles parecía a historia do xogo e o deporte a través das civilizacións antigas, coñecendo as súas etapas e os seus creadores”. As alumnas/os manifestáronnos “que a xornada lúdica fora moi  frutífera, excepcional e  impresionante”

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.