Despois de dous anos tentando coñecer o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), como unha das actividades dentro das súas vacacións estivais polas nosas terras da provincia da Coruña e nestes momentos instalados no belo recuncho de Cabanas-Pontedeume, este sábado día 10 do presente mes de agosto, por fin cumpriron os seus desexos, visitándonos.
O ilustre visitante era o gran coleccionistas valenciano Jesús Tarazona, que viña acompañado da súa esposa Victoria Fernández, ambos os sogros do meu sobriño Miguel Martínez. Estes anos pasados da súa ausencia no museo non foi por outro motivo que as datas que eles dispoñían, non eran coincidentes coa axenda profesional de Ricardo Pérez e Verdes e eles só desexaban unha visita guiada da man do noso director. Por suposto tamén, outro dos intereses era contrastar pareceres e opinións dos nosos respectivos fondos museísticos, ao mesmo tempo de posibles futuros proxectos conxuntos e un irmandamento entre ambas as institucións.
Jesús Tarazona é un afamado coleccionista de xoguetes de hojalata, sobre todo fabricados polas empresas fabricantes de xoguetes da Comunidade Valenciana como son as Empresas Payá e Rico, de principios de século XX. A súa colección consta de máis de 2.000 pezas e atópanse situadas na súa sede en Santa Pola (Alacante).
Unha xornada matinal de máis de tres horas de percorrido polas salas do MELGA, contrastando pareces, transmitindo mutuos coñecementos e sobre todo observando con detalles todas as pezas exhibidas no museo. O tempo, como é de supoñer, pasou rápido e moi velozmente. Unha vez finalizada a visita guiada o matrimonio Jesús e Vicky asinaron no “Libro de Ouro” do museo deixando as palabras seguintes: “Hoxe vin a ver o teu museo. Sorprendeume moito, sobre todo a paixón que lle pos e o agarimo. Vicky”. “Absolutamente impresionado pola gran cantidade de obxectos e pola marabillosa visita que nos dedicaches. Unabrazomoiforte.Jesús.10agosto24”.
Finiquitado a xornada lúdico-cultural, desprazáronse polo contorno de Ponteceso, visitando o Malecón, a Casa natal de Pondal, Monte Blanco, praia de Balarés, Cruz da Pedra da Serpe, O Faro de Roncudo e Corme.
Como curiosidade da sesión matinal no museo, non deixaron de visitarnos moitas familias con nenos/as da Comunidade Autónoma de Galicia, Asturias, Madrileña, Leonesa e de maneira excepcional e altamente interesados, un matrimonio co seu fillo que viñan da cidade de Praga da República de Chequia, onde non deixaron de xogar os nosos xogos tradicionais e nalgún momento uníronse ata na visita guiada.
Leave A Comment