Un grupo de preto de vinte persoas da Asociación Prol Enfermidades Mentais (APEM) do municipio de Cée (A Coruña), visitaron o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, por segunda vez nunha semana, con eles damos por finalizadas as visitas con todos os usuarios da corporación. Os compoñentes do grupo viñeron acompañados pola súa educadora social Silvia Lestón e da terapeuta ocupacional e coordinadora da actividade María Inés Cambeiro
A visita guiada tivo unha duración de case dúas horas e media, en que todos os visitantes escoitaron as indicacións dadas polo noso director, así como a participación activa dos xogos adaptados para eles. A visita guiada para moitos deles pareceulles moi curta, polo ben que o estaban pasando. A súa participación, uns máis que outros, foi moi alta, aínda que ningún deixou pasar por alto os xogos propostos. Fantásticos!
Non podo deixar pasar por alto, unha vez remata a visita guiada, as profesionais que lles acompañaban, comentáronnos o seguinte:
“É a primeira vez que vexo sonreir a Manolo, a Sergio participar en algo e a Cecilia contenta e feliz… e levan connosco máis de 10 anos”
(Os nomes son ficticios).
Dous dos participantes na sesión lúdica, eran os artífices dun dos murais de azulexo expostos no campo de xogo do Centro Cultural, aínda que non se acordaban do traballo realizado, pero se a votación foi ao completo dirixida ao seu mosaico, con algunha influencia das profesoras.
Para a nosa institución, hoxe é un día dos mais “grandes” que tivemos na nosa curta vida museística. O noso director inmensamente emocionado agradeceu a todos os visitantes, por regalarlle un día en toda a súa traxectoria profesional educativa e lúdica, tan especial e feliz. Grazas, APEM, por compartir connosco unha xornada tan afortunada e venturosa. Xamais deixemos de xogar!
Leave A Comment