Os integrantes da promoción 1974-75, preto dunha trintena, dos irmáns Maristas da Coruña, este sábado pasado desprazáronse a Ponteceso, con motivo de organizar un reencontro especial para a zona pondaliana, que concluíu nunha visita guiada matinal ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Entre os asistentes atopábanse o parlamentario Aurelio Núñez e o escritor e articulista da prensa escrita José María Noguerol e na actualidade é director de relacions institucionais do Teatro Real de Madrid.
O encontro cultural-lúdico-gastronómico e gandeiro foi organizada e planificada por Xusto Sánchez Varela, pontecesano, exalumno e ao mesmo tempo propietario da “Devesa Langueirón” (Ponteceso), que como se sabe, posúe unha das mellores explotacións gandeiras de produción de leite da nosa comunidade autónoma.
A mañá foi dedicada integramente á visita guiada polas instalacións do MELGA, que nesta ocasión estivo dirixida pola profesora doctoranda Manuela Vázquez Coto, que fixo a suplencia do noso director, xa que o mesmo atopábase fóra do país. Aínda que a visita foi frutífera e moi aproveitable, a mesma reduciuse un tempo importante xa que desexaban realizar moitas outras actividades en @dicha única xornada. Aínda que constatou o organizador da sesión, que como “ausentados” algúns compañeiros, repetirían de novo a visíta pero ao completo.
A continuación, sobre as 13,00 h. todos os compoñentes dirixíronse en autobús desde o MELGA, á Devesa Langueirón, onde gozaron das explicacións de Xusto Sánchez, e ao mesmo tempo aproveitaron a xentileza do propietario, para saborear o excelente produto lácteo da súa explotación gandeira. A todos os visitantes fíxoselles entrega, por parte de Xusto, duns produtos lácteos para o seu deleite. Para finalizar, non podía faltar a parte gastronómica e todos eles comeron opíparamente as delicias da terra, que lles prepararon os cociñeiros/ as da Casa Rural O Fontán en Tella-Ponteceso.
Leave A Comment