Dentro das moitas e variadas actividades que este ano tiña programadas o Campamento de Verán-20 da Fundación Eduardo Pondal do Couto, cuxo título campamental é “Un país de poetas e pintores”, unha delas, en sesión matinal era unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso.
Os visitantes estaban enmarcados na franxa dos 12 aos 15 anos, e nesta ocasión. Debido á pandemia, soamente foron 18 campistas os visitantes e todos eles procedían da provincia da Coruña. En anos anteriores o grupo estaba composto por mozos de toda Galicia e algúns eran de países estranxeiros.
En todo momento os campistas estiveron acompañados dos seus profesores Miguel Alonso e Rafael Quintiá (director), ambos os coñecidos antropólogos galegos. Despois de tres horas de visita guiada co noso director do museo, tanto alumnos e alumnas como profesores, aproveitaron a mañá ao completo interesándose por todo aquilo que o MELGA ofrecíalles e tamén practicando a maioría dos xogos e deportes na sesión organizados. Os campións da xornada foron Fada Galán de 14 anos e Antón Rosado de 12 anos, que completaron as diferentes preguntas con acerto e solvencia. A ambos se lles entregaron senllos regalas de xogos tradicionais galegos.
Como dato anecdótico, antes do comezo da visita guiada, o concelleiro do departamento de Obras e Mantemento Miguel González, tivo a ben o achegarse ao museo para darlles a benvida en nome da corporación municipal, xa que para todos os presentes era a súa primeira visita a Ponteceso e ao MELGA.
Leave A Comment