Hoxe recibimos nas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) do Centro Cultural do concello de Ponteceso, onde se atopa o museo, ao grupo escolar da veciña localidade coruñesa de Pastoriza (Arteixo) o EEI. Barrionovo, sendo esta a súa primeira visita guiada do devandito centro docente do ensino infantil.
Compoñían o grupo preto dunha vintena de nenos e nenas de 6 anos de idade, que viñan acompañados das súas profesoras titoras Irene Agra responsable do grupo e da actividade, ademáis de Alba Presedo directora do centro escolar. A organización da xornada lúdica, fora organizada polo presidente do ANPA do centro Pablo Mariño.
Para un grupo tan pequenos, o número de participantes foi o ideal(20), xa que como un pode supoñer, a atención e actuación temos que ter sobre cada un deles, é máis ben personalizada. De todos os xeitos, pasadas as dúas horas de percorrido polas salas do museo, non deixaron de xogar e escoitar as explicacións do guía, participando con gran entusiasmo en todo o proposto para a sesión matinal. A diversión foi constante e os agasallos propostos polo guía foron para aula, xa que non houbo ningún vencedor, en cambio si o mereceron todos neste roteiro museístico.
Un día moi especial para uns “peques” moi ordenados e moi atentos ás novidades que se lles expoñían. Sobre todo entusiasmoulles as diferentes formas das buxainas, buxainas, perinolas e perindolas e os seus máxicos movementos giróvagos.
Leave A Comment