Un tirador invencible: Carlos Andrade, heptacampeón de tirabalas de Ponteceso

Despois dunha tarde intensa con Xogos e Deportes Tradicionais, con abundante público, desenvoltos na carpa do Recheo da vila de Pondal, a Comisión de Festas da Barquiña, tivo a ben finiquitar a sesión lúdica, encargando ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), á Fundación Ricardo Pérez e Verdes, á Asociación Eventos de Ponteceso e ao concello do municipio, dun concurso, neste caso na súa sétima edición do Campionato de Tirabalas de Ponteceso.

Sobre as 19,00 h. deu comezo a sesión de adestramentos libres dos rexistrados no torneo, poñendo a punto as súas “armas” e proxectís para iniciar, con incerteza, o reto de saber quen sería o novo campión deste ano 2022. Ás 19,30 h., despois das debidas consideracións dos xuízas-árbitros, que nesta caso foron Jessica Pouse e Myrella Ventura (monitoras do museo), sobre o regulamento da competición deron o punto de partida da competición.

Un tirador invencible: Carlos Andrade, heptacampeón de tirabalas de Ponteceso

En total foron 14 tiradores masculinos, (moitos menos que o ano 2019 cando realizaramos a última competición) e ningunha participación feminina nas ramas absolutas nin infantil. Se concretizaron tres series de 4 participantes en cada unha delas, lanzando 15 proxectís (canicas) ás 4 plataformas existentes con 5 botes numerados do 1 ao 5. Obrigatoriamente os tiradores debían ir na orde establecida para facer as súas dianas, é dicir do 1 ao 2, ao 3, ao 4 e ao cinco, tendo para derrubar o bote 3 proxectís. Das series, pasaron á final os tres tiradores que lograron as máximas puntuacións.

Casualmente os tres finalistas clasificados, foran tamén na última edición de 2019 (xa que no 2020 e 2021 pola pandemia non se realizou dita competición), agora non sabiamos cal sería en orde dos cordóns. A gran final disputárona Lito Blanco de 52 anos (Carballo), Carlos Andrade (Ponteceso) de 45 anos e Alberto Mosterio (Corme) con 70 anos.

Tras a última serie de 20 lanzamentos, o campión absoluto foi o policía local Carlos Andrade que con esta edición, completa todas as edicións como “Heptacampeón” do Torneo. Se os anos anteriores había estado a un nivel óptimo, pódese comentar que nesta edición foi impecable, obtendo uns puntajes moi altos e sabendo que os dous contrarios que tiña enfronte, estábanllo poñendo con dificultades. Os comentarios dos seus adversarios versaban que é: “Carlos é invencible e imbatible, xoga noutra liga que non é a nosa”. “É un fóra de serie”. Ao revés que a última edición, neste caso o subcampeonato foi para Lito Blanco e o terceiro clasificado foi para Alberto Mosteiro.

Un tirador invencible: Carlos Andrade, heptacampeón de tirabalas de Ponteceso

Finalmente chegou a premiación que correu a cargo de Ricardo Pérez e Verdes, onde se lles fixo entrega do trofeo correspondente, os premios gastronómicos (Para o primeiro un xamón, para o subcampión un lacón e o 3º clasificado unha cachucha), as medallas para os tres foi un riestra de chourizos e ademais entregóuselles por parte da organización un pin conmemorativo

En vista do nivel obtido polos tiradores, a organización propoñerá para a seguinte edición, retar á localidade de Melide ( A Coruña), xa que son os dous únicos lugaresde Galicia onde se fai dita competición, de aquí pasar ao Campionato Galego e se cadra ao campionato de España. Estamos seguros que o pavillón galego estaría a un gran nivel, con Carlos Andrade á cabeza. Só temos que propoñelo e Adiante e todo se andará¡

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.