Un vernes 13 con “overbooking” no Museo

Despois dunha mañá de visita guiada coa Asociación Prol Enfermidades Mentais (APEM) de Cée e moitas persoas visitantes no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, pola tarde a tónica de asistentes foi máxima, nalgún momento tívose que esperar, para introducirse no museo polo “overbooking” existente.

 

Sen deixar de realizar visitas con carácter libre desde as 17,00 h. hora de comezo da sesión vespertina, ás 19,00 h. foi a última visita guiada ao MELGA. Case se pode dicir que foi unha visita nocturna, xa que sobre as 22,00 h. finalizou dita sesión lúdica-cultural.

Fundación Eduardo Pondal del Couto-Ponteceso.

A vintena de visitantes correspondían ao campamento “Un País para pintores e poetas” dentro das actividades estivais fixadas pola Fundación Eduardo Pondal do Couto-Ponteceso. Un grupo composto de mozos desde os 12 aos 16 anos de idade. A súa procedencia eran das catro provincias galegas, xa que a convocatoria da selección de candidatos, correspondía á Xunta de Galicia. Todos os campistas viñan acompañados dos seus monitores Lupe Blanco, Alejandro Calviño, Sara González e Rafael Quintía director do campamento e coordinador da actividade.

Fundación Eduardo Pondal del Couto-Ponteceso.

Un grupo moi participativo e moi entusiasta, onde a competitividade saía á boia en cada momento, aínda que non conseguiron obter ningún record das probas programadas. Todos se comprometeron en volver de novo a visitarnos, pero xa cos seus centros escolares respectivos, pois aínda, con tres horas de percorrido, lles había parecido curta a mesma. Unha xornada espectacular, con preto de cento vinte visitantes neste venres 13 do mes de agosto.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.