Aínda que o grupo de sexto, entre os 11 e 12 anos de idade, do CEIP. Manuela Rial Mouzo de Cee, que nos acompañou este última mañá do venres día 16 de novembro, repetía por segunda vez a súa visita guiada, pois na súa anterior ocasión non puideran realizar a mesma a tempo completo. Esta é unha das primeiras experiencias novas que acolleu o MELGA desde a súa inauguración, xa que polo xeral un mesmo grupo non realiza unha segunda visita cunha marxe tan curta de tempo, (seis meses da súa primeira visita). En xeral, visítannos grupos de ciclos de ensino diferentes ou campus ou asociacións con compoñentes distintos. Os alumnos estiveron acompañados, tamén repetiron, polos profesores da xornada anterior a titora Ronsel Vigo, o titor Eduardo Veiga e Leticia Alvariñas profesora de manualidades e representante do grupo escolar.
A segunda experiencia foi que, a duración da visita guiada superou as seis horas de permanencia no recinto museístico. A sesión completa programada iniciouse ás 10,00 h. da mañá e rematou ás 16,00 h. da tarde. A biblioteca serviu para realizar a terceira e cuarta experiencia nova, co picnic/xantar e o taller de xoguetes artesáns tradicionais e populares galegos no devandito habitáculo. E finalmente a quinta experiencia foi que a sala de conferencias do Centro Cultural, serviu para presenciar as exposicións de “O peón nas Belas Artes” e “ Peonzas do Mundo”.
A visita guiada, non sabemos se é porque viñan preparados e adestrados, constatáronse algúns “ records” en diferentes prácticas lúdicas, así temos que a alumna Juliette Medina foi a campioa do xogo do “ tirafungueiro”, a profesora Leticia Alvariñas e o seu equipo de traballo bateron a marca anterior de castelos de pinzas, alcanzando unha torre con 34 pisos estables (anterior estaba en 32 pisos) e as alumnas Adriana Vilar, Irene García e Antía Clavera, realizaron a marca de 28 segundos na carreira de “ chancras” na pista de atletismo, da segunda sala do museo. Debido ao empate entre dous alumnos da visita guiada para o agasallo final, a cuestión se decidiu a tres puntos xugando a un Xogo moi antigo grego chamado “a morra”. O campión global foi, co ano anterior, foi para Xián Caamaño eo subcampeón foi para Xavier Cives. Na parte teórica da visita fíxose fincapé naquelas cuestións que non se profundaron na anterior ocasión. Gran interese e atención, por parte de todos os alumnos e alumnas, nas explicacións e novidades dados polo guía do museo.
En canto ao taller de confección de xoguetes artesanais populares e tradicionais galegos, que estivo a cargo da profesora Manuela Vázquez Coto, os visitantes puideron confeccionar diferentes peonzas, perinolas, bonecos, animais, etc… con diferentes materiais como bugallos, garavanzos, plastilina, escarvadentes, canicas,… A continuación fíxose unha pequena exposición e o material confeccionado leváronllo para as súas casas como recordo.
Finalmente Ricardo Pérez e Verdes, na sala de exposicións, fixo unha demostración de lanzamentos de peonzas, trompos, perinolas e perindolas de varios países así como as explicacións dadas no referente aos gravados, pintura, esculturas sobre este elemento giratorio a través da historia.
Como comentabamos ao principio foi unha xornada moi especial, onde todos quedaron encantados (sorprendentemente non esgotados), de repetir a experiencia en anos vindeiros. Pola nosa banda, desde xa, tamén imos formular e ofertar esta proposta para que todos que o desexen poidan repetir esta experiencia, por ser sen dúbida, unha indagación educativa nova e atractiva.
One Comment
En nombre de los alumn@s y profesores/as que asistimos a la visita: EL MELGA es un MUSEO con mayúsculas. Hace unos meses visitamos el museo por primera vez y quedamos encantadísimos. Tuvimos claro que íbamos a volver. La visita se hizo realidad el pasado viernes y una vez más: Gracias Ricardo, Manuela y tod@s los que hacéis que exista un museo tan singular.