Unha peza antiga máis para os fondos museísticos do MELGA

Despois de moitos anos perseguindo unha “xoia” como a que esta semana acaba de adquirir a nosa Fundación Ricardo Pérez e Verdes, coa única pretensión de engrandecer o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado na vila coruñesa de Ponteceso, e despois de moitas negociacións, finalmente, dita peza antiga xa se atopa entre nós exposta nas vitrinas do noso pequeno museo e aquel que nos visita poderaa admirar en todo o seu esplendor.

Trátase dun “Caballito de cartón”, aproximadamente, entre os anos 1935-40 do século XX pasado, cuxas dimensións comprenden, un metro de alto, por oitenta de longo e 40 cm. de ancho. A peza está ancorada nunha plataforma de madeira con catro rodas tamén de madeira, que a través das súas bridas negras de plástico, pode deslizarse perfectamente por terra. O seu estado de conservación é impecable. A súa cor é branco con pintas veteadas de cor negra e as crines e rabo de cor marrón.

A figura “obxecto de desexo”, é unha peza moi rara hoxe en día no mercado, xa que polo xeral as dimensións son bastantes máis pequenas (para arrastre) e polo xeral non se moldeaban de pasta de papel, senón de plástico. Estes caballitos de cartón pedra eran para montarse encima deles. Usábanse tamén para realizar fotografías de estudo. Foron creados no ano 1892 por Amador Pascual de Tarrasa e foi un dos primeiros xoguetes industriais que aparecen no século XIX, sendo ao mesmo tempo a primeira fábrica de xoguetes de cartón existente en España.

Segundo Ricardo Pérez e Verdes o caballito de cartón adquirido é: “Retrotraerse á miña infancia. Era o meu xoguete preferido, que me trouxeran os Reis Magos con 4 ou 5 anos. Foi o máis querido pero tamén o máis chorado, xa que no momento que os meus pais desprendéronse del obligadamente, por cambio de residencia, foron eternas semanas de “choriqueo” permanente. Para o museo é unha “xoia”, pero para este “avó ochentón” é unha felicidade indescritible e moi emocionante”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.