Aproveitando as vacacións de Semana Santa, tivemos a ocasión de recibir, incluída a sorpresa, as nosas instalacións museísticas do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), o profesor e compañeiro da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña José Luís Romero, a súa esposa Isabel Fernández profesora de educación física e as súas fillas Patricia, Luís e Isabel, ademais dos seus netos.
Desde a inauguración do noso museo no 2013, dez anos de ausencia, non coincidiran en regresar a Ponteceso e ao mesmo tempo para visitarnos. Tanto José Luís como Isabel ademais de acompañarnos o día da inauguración, volveron cos seus respectivos centros docentes coruñeses de Adormideras e Maristas, tendo o privilexio de ser os primeiros alumnos e profesorado que solicitaron unha visita guiada ao mesmo. Os seus familiares era, aínda que con moitas ganas de coñecernos, a primeira vez que “pisaban” o recinto.
A súa intención de ambos os proxenitores era ensinar á súa familia este pequeno museo pontecesano e realizarlles un percorrido con visita libre, pero…aproveitando que o noso director atopábase no MELGA, este tivo o pracer e honra de acompañalos nas tres horas que durou a visita guiada polas salas expositivas. O asombro, segundo os comentarios dos ilustres visitantes, fora o enorme cambio que sufrira o MELGA nestes últimos case dez anos, tanto nas instalacións, pezas ou obxectos expostos, etc…é dicir, un novo museo.
Non quixeron deixar pasar de asinar no Libro de Ouro do MELGA, transcribíndonos cunhas palabras o seu recoñecemento e gratitude pola marabillosa velada pasado entre nós.
“A miña segunda visita superou á primeira. Parabén e a seguir sempre así. Unha experiencia marabillosa. Oxalá os nosos nenos volvan xogar como antes, porque o xogo é un camiño á imaxinación e á creatividade. Unha sorpresa esperada, todo o que poida dicir do meu amigo e colega é pouco. Moitas grazas por todo”.
Finalizada a sesión lúdica, todo o grupo dirixiuse a un restaurante da zona para repoñer forzas e a continuación de desprazaron para a contorna para coñecer o Monte Blanco, a praia de Balarés, a pedra da Serpe, o Faro de Roncudo e a vila pesqueira de Corme.
Leave A Comment