Unha visita guiada que tardou catros anos en realizarse

Alá polo ano 2018, , o centro escolar do CEIP. O Cruce de Cerceda (A Coruña), a través da súa ANPA (Asociación de Nais, Pais de Alumnos), reservaran unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), despois de realizar no propio colexio dous “Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos”, antes da pandemia que nos enclaustró durante dous anos a toda a poboación española, por fin, onte domingo día 11 de decembro do presente ano 2022, un grupo moi heteroxéneo de trinta persoas (pais, nais e fillos/as) presentáronse no museo de Ponteceso, para realizar nesta data, a que reservaran alá polo mes de maio, fai xa catro anos. De todos os xeitos o grupo compoñíano unhas sesenta persoas, pero por diferentes circunstancias, tampouco puideron visitarnos nesta ocasión a totalidade de participantes.

Unha visita guiada que tardou catros anos en realizarse

A xornada lúdica transcorreu pola mañá, nunha sesión excepcional, xa que os domingo o horario de inverno do museo, atópase pechado por descanso do persoal, pero vendo o posible atraso de novo, a dirección do museo brindouse a abrirlle as portas do mesmo para que coñecesen o noso museo. A duración da visita guiada, dirixida como de costume polo noso director, durou máis de tres horas e media en percorrer amplamente as dúas salas expositivas.

Unha visita guiada que tardou catros anos en realizarse

A participación interxeracional foi ao completo (idades entre os 2 aos 45 anos de idade) e todos os compoñentes do grupo gozaron das explicacións e coñecementos transmitidos polo guía e repetiron e repetiron todos os xogos alí presentados, alcanzando nalgúns deles “piques familiares” para gañar as probas. Non conseguiron ningunha marca, pero achegáronse a algunha delas. O premio da visita levoullo o neno de once anos Raúl Cañizares.

A directiva da Asociación e algúns pais e nais confirmaron que pronto volverían de novo a visitarnos e que por suposto, non tardarían tantos anos como nesta ocasión. Trasladándonos o pesar por non completar o grupo como tiñan pensado.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.