Unha visita guiada variada e diferente

Hoxe venres día 12 do mes de xullo pola mañá tivemos unha xornada variada e diferente ás que tivemos ata a data. Iniciou a sesión teórico-práctica con trinta novos, comprendidos entre os 10 e os 15 anos de idade, que formaban un grupo do Campamento deportivo do Concello de Toques (A Coruña), que viñan acompañados polos profesores Jonathan Cendón e Mauro Nogueral que exercía de coordinador da actividade. Tamén iniciou a visita guiada, uníndose ao grupo, Maya Álvarez de Sotomayor, crítica de arte e neta do gran pintor galego Fernando Álvarez de Sotomayor. Finalmente a visita guiada aumentou de membros xa que se uniron á mesma tres grupos familiares da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ao final preto de medio centenar de persoas que se achegaron neste día estival.

 

Unha visita guiada variada e diferente

A nota destacada da sesión foi que o grupo confeccionado aleatoriamente, xa que non tiñan coñecementos uns doutros, a sesión foi en grao sumo inclusiva e cooperativa de todoas as realizadas ata o momento. Experiencia nova. Chegada a práctica dos xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo, todos colaboraron e retáronse mutuamente. Maiores, nenos, profesores e guía do museo, concursaron alegremente e algúns con “piques” incluídos. Mais de dúas horas e media de percorrido polas instalacións do Centro Cultural de Ponteceso, onde se atopa o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). O premiado desta visita (os maiores non entraban no xogo) foi Daniel García de 14 anos que logrou o éxito nas preguntas efectuadas polo guía, sobre o patrimonio de Galicia na súa versión lúdica e deportiva. Como de costume, o premio consistiu nunha colección de buxainas, peonzas, perinolas e perindolas, para que este “agasallo” de comezo á súa posible colección privada.

 

Unha xornada espectacular para que despois moitos digan “que o xogo é unha perda de tempo e que non une a todos, aínda que sexa de diferentes idades e con persoas descoñecidas”. Comprobamos con esta sesión que a través do xogo coñecémonos e gozamos en compañía, tan necesario nesta sociedade tan individualista.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.