Aínda con ameaza de choiva, onte luns día 12 de setiembre-22, no Recheo da praza do concello pontecesán, durante as Festas da Barquiña, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), en xornada vespertina de 16,00 h, ata a 19,30 h., desenvolveuse o IV Festival de Xogos e Deportes Tradicionais.
Baixo a carpa que a Comisión de Festas preparara na praza Maior da vila, para o desenvolvemento da sesión práctica, concentráronse gran cantidade de nenos e nenas, acompañados dos seus pais e nais e moitos avós/as, para gozar dunha sesión de xogos, que sen dúbida, fixeron as delicias de todos os asistentes. Non faltaron os aro, os zancos, a ra, o sapo, a estrela, etc.. e como novidade introducida este ano, levou a cabo un pequeno simulacro dunha competición dl xogo das “carreiras de chapas”, coñecida comunmente como a “Volta”. Outras novidades foron a mesa de xogos de taboleiro e habilidades que, neste caso os mozos e moitos adultos, puxeron as súas calidades ao dispor das súas calidades motrices. Presentamos os xogos de “O lobo e as ovellas” un xogo de orixe africana, o xogo do “Alquerque” do medievo, o “carrón” exipcio e tres xogos de habilidade como foron “a hélice”, a “Culler” e “Os imáns”, que algúns deles foron imposibles, e iso que o tentaron moitas veces, non o puideron conseguir. Hai que comentalo que sinceramente son moi difíciles e precisan de moito adestramento.
Hai que comentar que para nosas entidades a Fundación, o MELGA, Asociación Eventos, Comisión de Festas e concello de Ponteceso, a grata sorpresa en comprobar a inxente masa de persoas que se deron cita (nalgúns momentos era imposible realizar algúns dos xogos e esperar quenda), nun día francamente chuvioso e cun tempo tan inestable. Podemos cualificar a xornada como un éxito rotundo tanto en participación como espectadores.
Desexamos que o ano entrante, cóntese de novo con esta actividade tan enraizada nos nosos pobos galegos sobre o Patrimonio Lúdico de Galicia.
Grazas a todos pola vosa asistencia.
Leave A Comment