Semella que esta fin de semana, a maioría de turistas que se achegaron pola Costa da Morte, todos puxéronse de acordo para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), pois foi tal a cantidade de visitantes que quixeron compartir connosco unha xornada museística, que en moitos momentos tivemos que dicir “stop” para non entorpecer as visitas guiadas como as libres, pois como cabe supoñer, a capacidade do museo, aínda así sendo amplo, está condicionado e limitado a un certo número de persoas. Máis de trescentas (300) persoas, uns por primeira vez e outros na súa segunda ou terceira ocasión, coñeceron e gozaron, sen límite de tempo os nosos xogos tradicionais galegos e doutros países. Unha mañá e unha tarde espléndida para pasar unha xornada lúdica especial.
Desde o venres pasado, visitaron de forma guiada o MELGA os grupos seguintes: o campus da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, o coleccionista de xoguetes de Santa Pola de Alacante, o campus da Xunta de Galicia no seu programa titulado “O teu mellor verán” para mozos entre os 18 a 30 anos, campamento primigenio en toda España de Cabana de Bergantiños e finalmente,esta xornada dominical, unha visita guiada moi especial, xa que é a primeira vez que confeccionamos un grupo para unha visita guiada para familias de distintas localidades españolas como galegas, pois o solicitaban e formaban un grupo superior ás 15 persoas (20 asistentes) que esixe o noso padroado.
A procedencia das persoas por libre que nos visitaron procedían Galicia así: de Arzúa, Santiago, Pontevedra, Cabana, Carballo, Ponteceso, Santa Comba, Coristanco, Ferrol, Cambre e A Coruña. Doutras comunidades españolas foron Madrid, Asturias (Oviedo e Xixón), Castela e León (Segovia e Burgos), Aragón (Teruel) e Cataluña (Barcelona). Finalmente doutros países foron: Alemaña (Berlín), Ucraína (Kiev), Uruguai (Punta do Leste-Maldonado), Arxentina (Buenos Aires) e República Checa (Praga).
Se este, foi unha fin de semana extraordinaria, desexamos e cremos que este “ponte-acueduto” da festividade da Asunción de María, do xoves 15 do presente mes de agosto, o record está ás portas de bater o número de persoas que poidan achegarse ás nosas instalacións, xa que consideramos, polo ben dos nosos usuarios, este día damos opción a máis visitantes ao museo.
Seguimos apesadumbrados pola falta de persoal de luns a venres no Centro Cultural e o MELGA, xa que temos que informar, que é constante o número de persoas que contactan telefonicamente connosco para visitarnos e con gran dor témoslle que comentar que non sabemos cando este baleiro finiquitará. Ademais, supoñemos, é un gran prexuízo para os establecementos da zona xa que moitos deles veríanse beneficiados pola afluencia de público que visita o museo.
Como é de supoñer esperámosvos! Xornada recreativa lúdica asegurada! Abriremos o xoves 15 de agosto de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h. Para calquera consulta, contactar connosco.
Leave A Comment