A segunda xornada de onte martes 25 de setembro do V Aniversario do MELGA e a Fundación, levou a cabo nunha sesión intensiva, de mañá e tarde, do curso de formación “INTERPRETACIÓN, MÁRKETING E NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Ao TURISMO NATURAL E CULTURAL DA COSTA DA MORTE”, deseñado polo CMAT e a Deputación da Coruña para o último trimestre do ano.
Despois da consabida presentación da relatora polo director do centro museístico, iniciou de 10,00 h. a 14,00 h. as súas clases maxistrais a profesora María Antónia López Pérez, directora de Proxectos e administradora da empresa Contorna Anfibio, procedente da cidade leonesa de Ponferrada, e directora do presente curso. Expuxo un temario amplo sobre os principios de Tilden, as características da interpretación do Patrimonio, o proceso da comunicación en interpretación, os tres alicerces da interpretación do Patrimonio, e a práctica do deseño de textos interpretativos do Patrimonio. Pola tarde, en horario de 16,00 h a 20,00 h, María Antonia versou nas súas conferencias sobre o modelo TORA, atributos tanxibles, intanxibles e conceptos universais, práctica de deseño de temas interpretativos , repasando a receita da interpretación do Patrimonio, a experiencia de información, interpretación, visitas guiadas e recepción de visitantes en lugares de interese patrimonial.
Unha xornada teórico-práctica moi intensa, con máis de 8 horas de labor de aula, onde, as últimas charlas versaron sobre unha das cuestións máis relacionadas e atractivas como son as visitas guiadas. Unha excelente proposta de final de sesión.
Leave A Comment