Unha xornada matinal de talleres de xogos e xoguetes artesans tradicionáis

Corenta alumnos e alumnas de 6º de ensino primario, con idades comprendidos entre os 10 e 11 anos de idade do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, acompañados polos seus profesores-titores, iniciouse outra xornada máis do V Aniversario na biblioteca Municipal do Centro Cultural, onde está situado o MELGA, para realizar un taller de xogos e xoguetes tradicionais da natureza e de reciclaxe.

 

A dirección do taller correu a cargo de Manuela Vázquez Coto, licenciada en Ciencias do Deporte e a educación física, especialista en manualidades populares e tradicionais galego e na actualidade alumna do terceiro ciclo, próxima a ler a súa tese doutoral sobre un xogo galego feminino descoñecido, chamado a “ bugalliña”, procedente de Carballeira de Avia (Ourense).

 

Con case tres horas de entretemento, que a todos os alumnos pareceulles pouco, non deixaron de realizar peonzas, perinolas, xogos de enxeño, zumbones, figuras de animais, muíños de vento, etc. con materiais como landras, bugallos, escarvadentes, pajitas, chapas, cartóns, tapóns, canicas, cds., papeis,… que tanto docentes como discentes, gozaron por primeira vez, dos devanditos artefactos lúdicos, comprobando o seu efecto ao instante, como bailando unha peonza, unha perinola, uns chinitos colgantes, descubrindo o truco do xogo de enxeño africano de cartón ou os muíños de vento de papel. Unha práctica entretida, instructiva e didáctico-pedagóxica.

 

Hoxe sábado, penúltima xornada do aniversario, comezaremos pola mañá cun taller teórico-práctico, para todos os interesados no mundo fantástico do xadrez e os xogos de taboleiro antigos e a continuación, rematamos cun encontro entre persoas maiores de Ponteceso, remomerando os “Recordos Lúdicos” das súas infancias. O acto central do día será a inauguración da colección de xoguetes de enxeño, “ Im memoriam” de Juan Antonio Rodríguez Díaz , falecido non hai moito tempo, que as súas familias doaron dita colección á Fundación Ricardo Perez e Verdes para a súa exposición nas vitrinas do MELGA. Finalizamos a xornada, con outro taller, neste caso, de arranxo e restauración de bicicletas clásicas.

 

Mañá domingo día 30, finaliza a semana de actos do V Aniversario do MELGA e da Fundación Ricardo Pérez e Verdes coa presentación do libro-disco na Biblioteca Municipal, do cantautor Luís Vallecillo, que presentará en exclusiva o vídeo gravado no MELGA cos nenos e nenas do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, que colaboraron no mesmo, ademais da presentación, en vivo e en directo a canción “ Xogos populares” dedicada ao noso museo, ademais doutras novas cancións do repertorio do artista. Outra das actividades programas será o VI Aberto de Billa no campo de xogo exterior do Centro Cultural e clausurarase a semana coa entrega de premios e nomeásense os candidatos aos “Premios Rodela”, a aquelas empresas, entidades ou persoas que se destacaron na súa entrega e divulgación do noso Patrimonio lúdico, cultural e inmaterial, do mundo dos xogos e deportes tradicionais, por todos os recunchos de Galicia e do mundo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.