Varias autoridades políticas de Galicia visitan o Melga tendo como anfitrión ao Sr. Alcalde de Ponteceso Lois G. Carballido

Onte martes día 25 do presente mes de xuño, en horario matinal, con ocasión de asistir a clausura do taller Dixitalizadas, que se veu celebrando no concello de Ponteceso durante varias semanas, da subdelegada do Goberno na Coruña Pilar López-Rioboo, o noso alcalde Lois G. Carballido, aproveitou a ocasión, coa súa xentileza e amabilidade de convidar á devandita autoridade a percorrer as instalacións do noso Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Durante a visita, a dirixente política estivo acompañada da responsable da área de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia, María Debén así como unha representación do concello de Ponteceso, a concelleira Ana Pérez Imia e o concelleiro Faustino Santiago Lema respectivamente, ademais do anfitrión do acto Lois Carballido.

Aínda que a visita non estaba dentro da súa axenda da xornada, pero a insistencia do noso rexedor, finalmente accedeu cun tempo limitado, aínda que excedeu o límite previsto, pois se atopaba tan a gusto no percorrido, que non deixou de destacar o patrimonio museístico exposto, a distribución das salas, a riqueza das pezas, o edificio, e abrigo destacou que non esperaba nin tiña coñecemento, sinceramente, dun museo en Ponteceso de tal envergadura sobre o mundo dos xogos e deportes tradicionais de Galicia e o mundo.

A subdelegada do Goberno transmitiu persoalmente ao alcalde Lois Carballido, así como á corporación municipal e aos dirixentes museísticos, que na próxima ocasión realizará unha visita en condicións óptimas para “sacarlle o mollo” que o recinto se merece.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.