Nesta ocasión, o venres día 11, en sesión matinal, recibimos a unha vintena de nenos/as e profesores/as do CEIP Mosteiro de Caaveiro-A Capela. As Neves-Pontedeume (A Coruña). Como sempre é un gran pracer e honra o recibir a todos os grupos de visitantes durante o ano, pero esta visita ao MELGA é algo especial para nós, xa que devandito centro escolar, é unha referencia galega escolar na temática lúdica. Posúen dentro do edificio un Centro de interpretación do xogo e un Museo do xogo e deporte tradicional, así como unha colección de xoguetes africanos. Profesores e profesoras da escola envórcanse diariamente pola recuperación dos xogos e deportes tradicionais da nosa comunidade autónoma e na práctica recreacional dos mesmos. A coordinación destas actividades está dirixida baixo a man experta do profesor Xabier López García que supervisa e atende todas as actividades do centro.
Despois de case tres horas de visita guiada por director do museo, tanto os alumnos/as como os profesores Xabier, Mar e Ana, comunicáronnos que a experiencia fora moi positiva, xa que dispoñían dunha referencia coa súa escola e todo aquilo que descoñecían, tomaban atenta nota nos seus apuntamentos persoais.
Despois da práctica dos diferentes xogos e deportes galegos e do mundo, se desprazaron ao piñeiral de Balarés para degustar un opíparo xantar. Como remate final do encontro, tomouse a decisión, por ambas as partes, de realizar algúns intercambios anuais entre as dúas institucións para fomentar o estudo investigativo deste Patrimonio cultural e inmaterial galego.
Leave A Comment