Por segundo ano consecutivo, o Colexio Público Eugenio López do municipio de CEE, desprazáronse ao concello de Ponteceso no día de hoxe, para realizar a que teñen establecida no centro docente, á súa visita anual guiada ao MELGA.
Máis de medio centenar de alumnos de primeiro de primaria (6 anos) acompañados dos seus profesores/as, Begoña, Iria e Jorge, desenvolveron durante máis de tres horas, unha xornada lúdica (teórica-práctica) de xogos e deportes galegos e do mundo. Hai que comentar, que foi un grupo excepcional polo seu interese en coñecer a historia dos xogos, sobre todo os galegos, así como a participación activa de todo o grupo nas prácticas desenvolvidas.
Tamén hai que comezar o labor magnífico dos seus profesores/as que axudaron en todo momento ao Director do Museo, con gran disciplina e atención a todo o desenvolvido durante a sesión matinal. Como feito destacable comentar que se comprometeron todos os alumnos/as e profesores/as do centro realizar un traballo individual ou colectivo da visita realizada, a través de redaccións, debuxos,.. que logo o enviarían ao MELGA para a súa avaliación final e entregaránselles os premios seguro merecidísimos.
Leave A Comment