Visita guiada fallida ó Melga do IES de Pontecesona súa Semana Cultural

Como estaba previsto dentro das programacións diarias que o IES. de PONTECESO tiña planificado na súa Semana Cultural (do 17 ao 23 de abril) onte mércores día 19, os alumnos e alumnas de 1º da ESO (idades comprendidas entre os 12 e 13 anos), correspondíalles realizar unha visita guiada ao noso MELGA. Sobre as 10,00 h. da mañá, os docentes e os seus profesores de Educación Física, Gonzalo Souto e Paula Díaz, en horario puntual, presentáronse no museo para iniciar a sesión planificada para ese día. Todo correcto, menos a Sorpresa! que nos tiña preparado a iluminación eléctrica do Centro Cultural. Pois, o fluído lumínico das salas de exposición, así como outros departamentos do edificio, quedaron en completa escuridade por unha avaría que durou toda a mañá e sen ser solucionada polas institucións correspondentes.

Debido á emerxencia, o director do centro variou a sesión no seu parte introductoria  teórica da visita e unha práctica, de case dúas horas no exterior do campo de xogos, xa que todos os alumnos/as do instituto, gozaron de todos os xogos seleccionados, pero o único que faltou foi a visita ás exposicións interiores das dúas salas do museo. De todos os xeitos, a dirección do Melga transmitiu ao seu homónima do centro escolar, da incidencia allea a nós da anómala ocasionada, convidándolles e emprazándoos a regresar de novo ao museo para realizar a visita ao completo nunha xornada que eles estimasen oportuna.

Queremos destacar que durante tres anos que  levamos aberto o Melga, é a primeira vez que ocorre tal caso pero…pensamos  e se chega a ser un grupo doutro lugar o desprazado e non como neste caso que era da casa? pode estar toda unha mañá, un recinto cultural, sen solucionar un contratempo tan nimio como este, que supoñemos darase en infinidade de ocasións? Que fai Unión Fenosa para solucionar un problema da súa competencia? Que solucións teñen previstas nestes casos? Unha imaxe vergoñosa que non se pode repetir, se é posible, nunca.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.