Despois dunha mañá intensa de visita guiada cos alumnos e alumnas do colexio privado Fillas de Jesús/Jesuitinas da Coruña, pola tarde ás 16:30 horas, deuse a partida á segunda visita guiada do día, cun grupo do Programa Educativo do Concello de Oleiros e o IES María Casares de Oleiros, que a través dun convenio establecido entre ambos, seleccionaron esta actividade, con case 40 persoas do CEM S. Cooperativa Galega de Vilaboa/Culleredo da Coruña, cuxos compoñentes viñan acompañados polo seu profesor de historia Gabriel Álvarez e polos educadores do Concello de Oleiros Yeyo Díez e Francisco M. Brea que exercía como representante do grupo.
Toda a mañá, dita expedición, dedicáronse a descubrir os arredores do concello de Ponteceso, percorrendo os marabillosos roteiros de sendeirismo, os monumentos da zona, o Monte Blanco, a Praia de Balarés, Roncudo (Corme), deleitándose da gastronomía dos nosos restaurantes, etc. e sobre as 16:30 horas iniciaron o percorrido polas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
O grupo compoñíano mozos adolescentes, con idades comprendidas entre os 14 aos 20 anos de idade. Aínda que o comezo da sesión foi un pouco desorientadora, pois houbo que despexar das súas mans os elementos tecnolóxicos (móbiles), a súa desorganización como grupo (cada visitantes procedía dun centro diferente), desinterese, etc. ao final de curto percorrido que se realizou, case dúas horas e media, ao final non se querían marchar, pois lle parecía algo diferente ao que pensaran que era un museo. Cun pouco de receo, comezaron a práctica dos diferentes xogos e o divertimento e retos eran constantes entre eles, ademais co noso guía e os profesores. Soamente puideron percorrer a primeira sala do museo, xa que o tempo dispoñible era escaso. Un gran ambiente final.
Está claro que á nosa mocidade fáltalles, sen dúbida, moita motivación e orientación para lograr que os mesmos sexan conscientes do interesante que é ter os máximo coñecementos para a súa cultura xeral e os entretementos, os xogos, os deportes, a actividade física… é fundamental para o seu desenvolvemento vital.
Pola tarde ás 16:30 horas deuse a partida á visita guiada, ao Programa Educativo do Concello de Oleiros e ou IES. María Casares de Oleiros, que a través dun convenio establecido entre ambos, seleccionaron esta actividade, que correspondía á segunda visita do día, cun grupo de case 40 persoas do CEM.S. Cooperativa Galega de Vilaboa /Culleredo dá Coruña, cuxos compoñentes viñan acompañados polo seu profesor de Historia Gabriel Álvarez e polos educadores do concello de Oleiros Yeyo Díez e Francisco M. Brea que exercía como representante do grupo.
Despois de estar toda a mañá polos arredores do concello de Ponteceso, percorrendo vos marabillosos roteiros de sendeirismo, vos monumentos dá zona, ou Monte Blanco, a Praia de Balarés, Roncudo (Corme), etc. Sobre as 16:30 horas iniciaron ou percorrido polas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Leave A Comment