Na tarde de onte luns día 22 do presente mes de xaneiro, en horario vespertino de 16:00 a 18:00 h. aproximadamente, recibimos no noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un grupo especial da sección CM. de Atención a Persoas en situación de Dependencia do IES Eduardo Pondal da nosa vila de Ponteceso. Era a súa primeira vez en visitarnos, tanto para docentes como para os estudantes. Entre profesoras e alumnos o grupo compoñíano un total de vinte e cinco persoas, cuxas idades estaban comprendidas entre os 16 e 50 anos de idade. Fóra de dous homes, todos os demais eran mulleres. En canto aos docentes, todas elas eran profesoras Magdalena Rodríguez, Eva Rodríguez, Cristina Vázquez e Alba Lareu que era a organizadora e representante do grupo.
Neste caso, a visita guiada correspondía a un intercambio dos institutos de bacharelato, por unha banda o IES. Eduardo Pondal (anfitrión da xornada) e ao IES. Félix Muriel de Rianxo, que durante todo a xornada participaran de diversas actividades conxuntas e como broche final realizaban unha curta visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), por tal motivo tivo que acurtarse un pouco a mesma e a súa duración global foi algo máis de dúas horas de percorrido polas dúas salas do museo.
Unha sesión altamente gratificante, xa que todos os asistentes participaron con entusiasmo de todo aquilo que se programou para a ocasión, pois ata se aprenderon a letra do noso himno “Cantamos: xogos populares” que en forma coral entoaron antes da introdución á visita guiada. Tanto o himno como o “Comic MELGA” finalizadas a súas proxeccións, non faltaron os aplausos e a algarabía de todos os compoñentes cara aos dous vídeos presentados.
Segundo comentario do noso director Ricardo Pérez e Verdes, “ Unha xornada especial cun grupo heteroxéneo excepcional moi participativo e entusiasta. Pero sinxelamente,o que estamos inmensamente satisfeitos, era sobretodo, ou haber correspondido a transmitirlle moita alegría e facerlles un pouco máis felices nas súas vidas, a través do noso MELGA e dos xogos e deportes tradicionais. Unha desas xornadas que che emocionan e non se esquecen!”.
Leave A Comment