III Xogolarpeirada no Museo MELGA

O sábado día 6 con motivo dos Entroidos, a Fundación e o MELGA dedicarán devandito día a celebrar a súa terceira edición da XOGOLARPEIRADA que tanto éxito está a ter entre as xentes da comarca.

Este ano o xogo do PARCHIS segue sendo a estrela da competición e a novidade deste ano será introducido o Xogo do MUIÑO ou máis coñecido como o “tres en raia”. Descartamos o TUTE, programado o ano anterior, por non contar cos suficientes participantes.

O campionato será de forma individual e o sistema de ?todos contra todos?. Poden participar todas as persoas interesadas no mesmo, pero a condición de que obrigatoriamente durante a inscrición, acompañen a mesma con doces de entroido: orellas, filloas, máscaras, chulas, borrachos, frores, rosquillas, etc. que despois da entrega dos premios do concurso, ás mellores confeccionadas, serán entregadas a unha institución benéfica ou aos veciños de Ponteceso con poucos recursos.

A organización ofrecerá a media mañá unha chocolatada con churros e a degustación de licores doces da época (Anís o Mono, Quina Santa Catalina, Sansón; Cointreau, etc.).

Esperemos que se logre unha participación superior á do ano anterior.

Reglamento da III XOGOLARPEIRADA

CONCURSO DE FILLOAS ,ORELLAS, ROSQUILLAS, FRORES,  MASCARAS,CHULAS E BORRACHOS

III TORNEO PONTECESAN DE PARCHÍS  

I CONCURSO PONTECESAN DE MUIÑO (TRES EN RAIA)

DIA E LUGAR: Sábado 6 de Febreiro no MELGA (Casa da Cultura) de Ponteceso

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 21 de xaneiro ao 03 de febreiro, ata rematar o cupo, chamando de 10,00 a 13,00 h. pola mañá e de 17,00 a 20,00 h. polo serán, ao teléfono 981.71.54.42 óu a fax: 981.71.45.91

CATEGORÍAS: 3 modalidades de concurso para as filloas: de leite, de caldo e recheas. Unha soa modalidade para: orellas, rosquillas, máscaras, frores, borrachos  e chulas.

ENTREGA DAS FILLOAS, ORELLAS, ROSQUILLAS, FRORES E CHULAS: o venres día 05 de marzo de 10,00 h. as 20,00 h. ou o mesma día 06 de 9,00 h. a 10,00 h.

PREMIOS: Farase entrega dun premio ao gañador/ra de cada categoría e un premio especial a filloa, orella, máscaras, borrachos, rosquilla, fror  ou chula máis orixinal.

BASES DO CONCURSO:

1.- Poden concursar neste III XOIGOLARPEIRADA todas aquelas  persoas (mulleres e homes)que o desexen, sempre que cumpran co regulamento establecido.

1.- O concurso contará con un xurado composto por  cinco persoas:  un membro do Concello, un restaurador, un patrón da Fundación Eduardo Pondal, outro patrón da Fundación Ricardo Pérez y Verdes  e un representante do MELGA.

2.- Será necesario que as filloas, orellas, máscaras, borrachos, rosquillas, frores e chulas sean entregadas pola persoa inscrita no concurso.

3.- Todolas filloas, máscaras, borrachos, orellas, rosquillas, frores e chulas, salvo as que forzosamente degustará o xurado, serán entregadas as persoas máis necesitadas do concello ou unha institución benéfica.

4.- Para poder competir no concurso de filloas, orellas, máscaras, borrachos, rosquillas, frores e chulas, será obrigatorio  que os concursantes estén inscritas no concurso de PARCHÍS  e no torneo de MUIÑO (Tres en raia).

5.- Cada concursante podrá competir en todalas modalidades, presentando como máximo, tres elementos degustativos de cada unha das especialidades.

6.- O torneo de PARCHÍS e o do MUIÑO, será de forma individual, polo sistema de todos contra todos.

7.-Para  as partidas de PARCHÍS e do MUIÑO, as puntuacións serán as seguintes: o gañador/a 2 puntos e o perdedor/a   1 punto.

8.- Será vencedor/ra  INDIVIDUAL aquel xogador/ra que consiga máis puntos na totalidade de partidas disputadas. Trofeo o vencedor/ra.

10.- O número de participantes e  limitado.  Máximo 20 concursantes.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.